Presentación - Deportes

Presentación

Actualmente o deporte está integrado na sociedade moderna como unha realidade necesaria, coma un xeito de vida, e cunha relación directa  coa calidade da mesma. Así actualmente, o deporte e a actividade física enténdese na maior parte dos sistemas socio-políticos como un servizo público, ao que as distintas administracións do estado deben atender, especialmente a administración máis próxima ao veciño, o municipio.

Así pois, a estructuración e planificación xeral que temos desde o servizo municipal de deportes, vai  enfocado a achegar a realidade deportiva aos seus habitantes, sendo ademais, un complemento ás vías educativas do deporte escolar, e as vías competitivas do deporte de competición ou deporte federado, pero centralizando a oferta pública de actividade física e deporte como fenómeno social, buscando dar resposta a unha sociedade cada vez máis demandante deste xeito de vivir
        
As funcións principias deste  servizo céntranse principalmente na  planificación deportiva municipal, que poderíamos resumir en dous dous eixos de actuación, por unha parte a xestión do funcionamento de todas as instalacións deportivas do municipio  e por outra parte, a programación deportiva municipal en todos os seus ámbitos: escolar, recreativo, formación deportiva, competicións e torneos e asistenciais.

 O servizo municipal de deportes do Concello de Oleiros está ubicado nas instalacións do Centro Municipal de A Fábrica, en Perillo ( rúa do Inglés s/n, tlfno. 981 636598, e-mail deportes@oleiros.org).

Asset Publisher

Back Adaptacións cardiovasculares ao exercicio de Forza

O Concello de Oleiros por medio do Servizo Municipal de Deportes, colabora co grupo de investigación performance & healt group  da Universidade da Coruña na realización do estudo  acerca das adaptacións cardiovasculares ao exercicio de forza.

Este estudo realizarase  en mulleres de entre 55 e 64 anos que teñan un xeito de vida activo.  O principal obxetivo é comparar as respostas cardiovasculares (frecuencia cardíaca e tensión arterial)  e metabólicas agudas ( gasto enerxético), ante o traballo muscular en mulleres postmenopaúsicas  normotensas ou con  hipertensión. 
 

Para poder realizar este estudo, é necesaria a participación de mulleres co perfil e idade xa comentando. As interesadas poden contactar cos responsables do proxecto por medio do correo electrónico phg.info.udc@gmail.com , neste correo poderán recibir información máis detallada acerca das condicións para participar no estudo, ao que animanos desde o Concello de Oleiros.