Asset Publisher

Back XUÑO A ESCENA-TEATRO EN MERA

 

Domingo 22 de xuño ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

O Clube Teatral Elsinor, presenta o seu espectáculo “Tres lúas”, escrito e dirixido por Manuel Lourenzo.

 

Sinopse: Tres pezas nas que cinco actrices nos levan a un mundo cheo de imaxinación e surrealismo. Tres historias de mulleres entre a inocencia e a loucura. En Zanzíbar, dúas mulleres proxectan unha viaxe a Zanzíbar, no oriente africano...En Noite pecha a bolsa de lixo de Marta ten un tamaño sospeitoso...En O Binóculo desde o seu camerino, Cleo de Leo vixía a porta do cabaré...

Elenco: Margot Reynoso, Carmen Martínez, Lara Valcuende, Begoña Lomba e Noelia Papín.

Xénero: fantasía surrealista

Duración: 75 minutos

 

Maiores 12 anos.

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala.