Adultos - Menú Perfís Bibliotecas
Presentación Bibliotecas

Presentación

O Concello de Oleiros conta cun amplo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais consistente na dotación de infraestruturas bibliotecarias ao servizo da poboación. Ten presenza na maioría das parroquias e núcleos de poboación de maior densidade, coa finalidade de achegar a todos os veciños e veciñas un servizo público aberto aos cidadáns para uso, fomento e gozo da lectura sen distancias nin longos desprazamentos, con horarios amplos e flexibles adaptados ás necesidades dos diferentes usuarios/as e cunha programación de actividades culturais e de promoción da lectura para nenos/as, mozos/as e adultos/as.

Para facilitar a todos os cidadáns o acceso á cultura en condicións de igualdade e conscientes da dispersión que afecta á poboación deste concello, pero coa intención de poñer á disposición dos veciños e das veciñas de Oleiros un bo servizo bibliotecario, o goberno local decidiu crear un Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, de forma que a Biblioteca Central estivese nun dos núcleos urbanos de maior poboación e mellor comunicado coas demais localidades do concello, implantando nos outros núcleos de menor densidade, bibliotecas auxiliares para que todos os habitantes puidesen estar atendidos nas súas propias parroquias, xa que moitos deles, como é o caso dos nenos, nenas e mocidade non poden trasladarse facilmente dun lugar a outro.

Algúns dos premios que recibiron estas bibliotecas son:

  • Premio Fomento da Lectura a biblioteca abertas ao público LIBER 2017, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.
  • Boas prácticas no VII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas 2014, celebrado en Badajoz, pola actividade Ler para Saber.
  • Premio Irmandade do Libro 2012, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia, na súa XXI edición, celebrado en Lalín.
  • Boas prácticas na Rede de Bibliotecas de Galicia 2011, por Lecturas refrescantes.
  • Premio María Moliner 2011, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura.
  • Premio Irmandade do Libro 2009, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa XVIII edición, celebrado en O Carballiño. Descargar nota de prensa (PDF - 80.1 KB).
  • Finalista e Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría  de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2008.
  • Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedida polo Ministerio de Cultura, no ano 2007.
  • Selección do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2009 e outros anos anteriores.
  • Premio no Concurso "Abril, Mes dos Libros", concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, nos anos 2007 e 2008.
  • Premio Irmandade do Libro 1995, na modalidade de Institucións, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia,  na súa IV edición, celebrado en Vigo.

Asset Publisher

Image Recomendacións en RadiOleiros: 14 agosto 2026 Recomendacións en RadiOleiros: 14 agosto 2026

Recomendacións en RadiOleiros: 14 agosto 2026

Sed amables con las vacas: la historia de Temple Grandin, de Beatrice Masini. La gran marcha, de E. L. Doctorow. 

    Image Recomendacións en RadiOleiros: 7 agosto 2026 Recomendacións en RadiOleiros: 7 agosto 2026

    Recomendacións en RadiOleiros: 7 agosto 2026

    Ecotopías, de José Luis Fernández Casadevante "Kois", ilustracións de Joan Negrescolor. Hermanito (Miñán), de Ibrahima Balde e Amets Arzallus Antia. 

      Image Bolboretas no bandullo Bolboretas no bandullo

      Bolboretas no bandullo

      Unha escolma ideal para a estación estival

        Image Recomendacións en RadiOleiros: 31 xullo 2026 Recomendacións en RadiOleiros: 31 xullo 2026

        Recomendacións en RadiOleiros: 31 xullo 2026

        O meu piollo e máis eu, de Txabi Arnal con ilustracións de Malota. Marsella 1940. Los artistas que huyeron del nazismo, de Uwe Wittstock.

          Ver mais novas

                  Ver mais destacados