Asset Publisher

Back XII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES: GALICREQUES 2016

 

O Concello de Oleiros acolle unha nova edición do Festival Internacional de Títeres organizado polo Consorcio das Mariñas. Nesta nova edición, que será a número doce, serán tres as representacións abertas ao público en xeral que farán as delicias dos máis cativos e do público xuvenil. Todas as representacións terán lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo. A entrada a todas as representacións será libre, ata completarse a capacidade da sala.

 

DOMINGO 2 de outubro ás 12.00 horas

  

“Cineamano”

 Nome da compañía: El Ojo Títeres

Procedencia: Uruguai

Técnica: Animación analóxica en tempo real

Idioma: sen texto

Duración:42 minutos

Idades recomendadas: adolescentes e adultos, especialmente recomendado para maiores de 15 anos.

Sinopse: Cineamano toma a forza do cine para expoñer en gran formato secuencias de imaxes e debuxos que van creando unha narrativa visual efímera. A súa execución, en vivo e á vista do público, permite ao espectador contemplar a pintura como proceso creativo, onde a artista crea personaxes en escenarios específicos, novos en cada representación. O ritmo e as imaxes van ligados á música e letra das cancións, narrando historias urbanas, de rúa, que se potencian co trazo expresionista, graffiteiro e o branco e negro.

 

DOMINGO 23 de outubro ás 12.00 horas

 

“Os soños na gaiola”

Nome da compañía: Títeres Alakrán

Procedencia: Galicia

Técnica: variadas e teatro de actor.

Idioma: galego

Duración: 50 minutos

Idades recomendadas: A partir de 5 anos

Sinopse: O titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado en monicreque. Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir ao público. Para facelo, o titiriteiro pídelle aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia. Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, éstrano, e mesmo incomprensible.

   

DOMINGO 23 de outubro ás 18.30 horas

 

“El niño que soñaba”

 Nome da compañía: La Mar de marionetas.

Procedencia: Madrid

Técnica: espectáculo musical de teatro de marionetas

Idioma: castelán

Duración: 60 minutos

Idades recomendadas: a partir de 5 anos

Sinopse: O espectáculo achéganos a historia de Moni, un neno cun talento especial para a música, que vive en Guinea Bissau. Facémonos eco do seu sono e acompañámolo a través do camiño que ten que percorrer para atopalo. En Guinea Bissau, os mitos e as lendas, xunto aos contos tradicionais, arropan a vida dos máis pequenos. Entre acertixos e astucias, os protagonistas destas historias, na súa maioría animais, afrontan conflictos que preparan ao neno para adaptarse á súa propia realidade. Esta obra reflexa a vida cotiá dun “neno que soña”, cantiga a cantiga, ritmo a ritmo, conto a conto.