Novas

Asset Publisher

Back X CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO. CONCERTO DE NUNZIA GIANNOTA DÚO

Sábado 11 de febreiro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Nunzia Giannota Dúo

Procedencia: Italia/Galicia

Elenco: Nunzia Giannotta e Joel Crespo

Público: todos os públicos

Sinopse:

De raíces italianas e da cidade do Renacemento, Florencia, Nunzia Giannotta formouse e destaca na prestixiosa "Academia da Voz". Desde os oito anos cantaba, xunto co seu pai, na igrexa de Massafra, a súa vila natal, no sur de Italia. Durante os seus estudos, Nunzia Giannotta obtivo premios en diversos galardóns, acadando notoriedade, colaboracións e gravacións. Xa como profesional, participa nalgúns programas da cadea de televisión Mediaset Italia, e como resultado, diversos traballos en teatros de toda Italia. Con grandes influencias do blues, rock'n roll e soul, coa súa gran referencia en Amy Winehouse decide crear a súa propia banda chamada The Nunzias.

Prezo: 4,00 euros. As entradas poñeranse á venda con antelación a través de ataquilla.com e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo, ata completar a capacidade da sala.


https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-a-fabrica/15219--nunzia-giannota-duo.html