Sábado 18 de febreiro ás 20:30 horas
Auditorio da Fábrica (Perillo)
Cotton Time Charo Quicler Group
Procedencia: Galicia
Público: todos os públicos
Elenco: Charo Quicler (voz), Jose Fernández (saxos e frauta), Luis Peiteado (guitarra), Dani Vázquez (piano), Charly Drop (contrabaixo), Sergio Sande (batería) e José Somoza (arranxos e dirección)
Sinopse:
Charo Quicler estudou canto no Conservatorio Superior da Coruña e posteriormente ampliou os seus estudios en Madrid, sendo escollida por Montserrat Caballé para participar como alumna activa nas súas clases maxistrais.
Despois duns anos na capital, actuando no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Nuevo Apolo e concertos propios para distintas entidades decidiu volver á súa Galicia natal coa intención de crear un proxecto máis intimista. Durante anos foi a vocalista do grupo “La habitación de la Música”, con quen actuou en varios festivais de jazz, teatros e auditorios de Galicia e con quen gravou o seu primeiro disco.

Prezo: 4,00 euros. As entradas poñeranse á venda con antelación a través de ataquilla.com e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo, ata completar a capacidade da sala.