Asset Publisher

Back VISITA GUIADA: EXPOSICIÓN FRANCISCO LLORENS

 

Hoxe martes día 7 de agosto ábrese o prazo de inscrición para a visita guiada da exposición itinerante sobre o pintor e paisaxista galego Francisco Llorens, que terá lugar o vindeiro luns 13 de agosto ás 12.00 horas no Parque da Lagoa, de Mera.

 

A mostra, organizada polo Consorcio das Mariñas, intenta poñer en valor e difundir a vida e obra do pintor galego como o “Pintor de As Mariñas”, un dos máximos representantes do impresionismo galego e quen nas súas obras retratou moitas paisaxes de Oleiros, Sada e outros lugares da comarca.

 

As prazas son limitadas. A exposición permanecerá instalada no Parque da Lagoa ata o día 16 de agosto.

  

Para máis información e inscricións:

Teléfono: 981 610 000

cultura@oleiros.org