Asset Publisher

Back VISITA CULTURAL Á CIDADE DA CORUÑA

 

O Departamento de Cultura achegarase á cidade da Coruña o 23 de maio pola tarde para gozar da oportunidade de visitar dúas exposicións pictóricas de grande interese artístico, histórico e cultural.

 

“Los objetos hablan: Colecciones del Museo del Prado” está composta integramente por fondos procedentes da pinacoteca española. A mostra reúne unha coidada selección de 60 pinturas e obxectos de artes decorativas das principais etapas representadas no Museo do Prado entre os séculos XVI e XIX, incluíndo pezas das principais escolas pictóricas e con obras mestras de artistas como Velázquez, Goya, Rubens, El Greco, Joaquín Sorolla, Murillo, Ribera, Zurbarán e Jan Brueghel el Viejo, entre outros.

 

A exposición “Tradición, cambio e innovación”, con fondos da Colección de arte Abanca, traza un percorrido pola obra de grandes artistas do século XX nacionais e internacionais que seguen representando hoxe a innovación artística. Inclúe case un centenar de obras mestras nas que destacan artistas claves na Historia da Arte Universal como Dalí, George Braque, Joan Miró, F. Leger ou Julio González, entre outros. Xunto a eles tamén as figuras máis relevantes da arte galega desde principios do século XX ata a actualidade: Castelao, Souto, Seoane, Díaz Pardo, Leiro, Manuel Vilariño ou Vari Caramés.

 

A visita está destinada a público adulto. (Maiores de 18 anos). Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dun adulto.

 

O prezo da visita é de 4 € empadroados/as e 5 € non empadroados/as.

 

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 2 de maio e ofértanse un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

 

Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.

Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)

Tel.: 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916

cultura@oleiros.org    r.caparros@oleiros.org