Do 15 ao 17 de xullo, terá lugar a sexta edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, máis coñecido como Rúa Ext-cénica.
Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa destinado a público xeral, con espectáculos para público familiar e adulto, e entrada de balde.
O festival pretende que as propostas programadas saian ao encontro co público, en espazos non convencionais. A rúa, entendida como un espazo aberto onde a cidadanía constrúe a súa vida cotiá, é cultura e a cultura, está na rúa.
Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro de rúa… que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
Espectáculos para público familiar e para público adulto.
PROGRAMACIÓN:
PROGRAMA RÚA EXT-CÉNICA 2022 VI FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚA | |||
Venres 15 de xullo | 20.00 horas Circo Chosco “Oh-pera” (circo) Parque José Martí (Sta. Cristina) | 21.30 horas Ortiga “concerto” (música electrónica) Praza afundida (Sta. Cristina) | |
Sábado 16 de xullo | 20.00 horas La Troupe Malabó “ Karpaty ” (circo) Praza Esther Pita (Sta. Cruz) | 21.30 horas Wilbur “Fuego Salvaje” (circo) Praza do Castelo (Sta. Cruz) | |
Domingo 17 de xullo | 12.30 horas Migallas “Cantaxoga” (música infantil) Miradoiro de Santa Ana (Mera) | 21.00 horas Cia.Entremans: ”Minguantes”+ Cia. Marcia Vázquez Ramírez: “Onde pousa a humidade”+ Janet Novas: “Feelings” (danza contemporánea) Parque José Martí (Sta. Cristina) | |