Asset Publisher

Back Teatro no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

 

O venres 28 ás 21.00 horas e o sábado 29 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Condetrespes S.L., presenta o seu espectáculo Menú da noite, escrito e dirixido por Carlos Blanco.

 

Sinopse: Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense smóking para sachar como é debido.

E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.

O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente enxeños e artes para atopar o cóctel perfecto. Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan claqué e todo.

Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).

 

Elenco: Carlos Blanco, Luís Davila

Xénero: comedia

Duración: 80 min

Prezo: 3,5 €

 

O venres 28 de abril as entradas poñeranse á venda a partir das 20.00 horas e o sábado 29 de abril a partir das 19.30 horas. Ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.