Asset Publisher

Back Teatro no Auditorio de Mera o sábado 8 de abril

O sábado 8 de abril ás 20:30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez, Mera, a Compañía Sarabela Teatro, presenta o seu espectáculo Normas para saber vivir na sociedade moderna, escrito por Jean Luc Lagarce e dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda.

Sinopse: "Nacer non é complicado. Morrer é moi doado. Vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible". Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocrisía, fai imposible a sinceridade.

Elenco: Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yuknevich

Xénero: comedia

Duración: 75 minutos

Prezo: 3,5 €

 As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.