Asset Publisher

Back Teatro no Auditorio de Mera o sábado 27 de outubro

 

 

O sábado 27 de outubro ás 20.30 horas Contraproducións presenta o espectáculo Nacidas libres.

 

Sinopse: Catro actrices que atravesan esas O  idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non atopan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha nova escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais:

A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago.

 

 

 

 

Autoría: Cándido Pazó.

Dirección: Cristina Domínguez da Pena.

Elenco: Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans.

Xénero: drama.

Duración: 90 minutos.

Público: maiores de 12 anos.

Prezo: 3,50 euros.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

 Este espectáculo enmárcase dentro da Programación da rede Cultural para o ano 2018.

https://twitter.com/daccultura?lang=es

https://es-es.facebook.com/daccultura/