O Sábado 22 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, Mera Producións Teatrais Excéntricas, presenta o seu espectáculo A cabeza do dragón, escrito por Ramón María Valle-Inclán e dirixido por Quico Cadaval.
Sinopse: A obra, incluída por Valle-Inclán nunha colección de farsas, conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo.
Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino.
Elenco: Ana San Martín, Víctor Mosqueira, Iván Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e Quico Cadaval
Xénero: farsa fantasiosa
Duración: 85 minutos
Prezo: 5 €