O domingo 19 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera Voadora presenta o espectáculo: Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, adaptado por Marco Layera, e dirixido por Marta Pazos.
Sinopse: A transformación, o deseo sexual e o culto á estética son algúnos dos temas sobre os que reflexiona este texto universal e que mantén plena actualidade na sociedade contemporánea. Ademáis, ninguén como o bardo inglés para elevar ao máximo exponente os desexos e pasións dos personaxes.
Deixando de lado o carácter naif que poida er o texto, o noso é un Soño lisérxico e decadente no que os baixos instintos gobernan o mundo e no que a beleza agocha sempre intencións perigosas.
Elenco: Diego Anido, Areta Bolado, Jose Díaz, Borja Fernández, Janet Novas, Andrea Quintana, Anäel Snoek e Hugo Torres
A entrada será libre con invitación ata completar a capacidade da sala.
As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas.