Asset Publisher

Back Teatro no Auditorio de Mera

 

O Sábado 11 de marzo ás 20:30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Ilmaquinario Teatro presenta o seu espectáculo Resaca, escrito por Ana Carreira e dirixido por Tito Asorey.

 Sinopse: No verán de 2016, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Un espectáculo sobre a resaca da existencia. Unha celebración da vida e da amizade.

Elenco: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich

Xénero: teatro contemporáneo

Duración: 85 minutos

Prezo: 3,50 €

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.