Venres 10 de abril ás 21:00 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
A compañía Teatro Valacar, presenta “Somos tan imbéciles”, escrito e dirixido por Lino Braxe.
Sinopse: “Somos tan imbéciles” é o título dunha obra de teatro, pero ó mesmo tempo é o título dun programa vespertino de TV, á maneira deses magazines nos que se inclúen conexións nacionais e internacionais, así como concursos e entrevistas con personaxes de actualidade.
Elenco: Antonio Rumbo, Manuela Varela, Felipe Cotelo, Willy Méndez, Ana Docampo, Anxo Mangas, Héctor Fraga, Luz Míguez, Norma López, Marisé Vidal, Trini Canosa e Maite San Juan.
(Entrada libre, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos)