TEATRO. centenario de María Casares
Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC
Sábado 5 de novembro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Ainé Producións presenta Continente María
Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.
Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.
A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. Un mapa dun continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.
Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.
Texto: Marianella Morena
Dirección e dramaturxia: Tito Asorey
Elenco: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich
Escenografía: José Faro “Coti”
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Laura Baena
Espazo sonoro e música orixinal: Vadim Yukhnevich
Voces en off: César Goldi e Tito Asorey
Duración: 80 minutos
Público: adulto (maiores 12 anos)
Prezo: 4,00 € (As entradas poñeranse á venda con antelación a través de ataquilla.com e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo, ata completar a capacidade da sala)