TEATRO. Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC
Sábado 3 de decembro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Inversa teatro presenta O Péndulo
O Péndulo é unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da casa do pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
Autoría: Marta Pérez e Ernesto Is
Dirección e deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía e vestiario: Inversa Teatro
Deseño de son e música: Jesús Andrés Tejada
Elenco artístico: Marta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga Davila
Compañía: Inversa Teatro (en co-produción co Centro Dramático Galego, a MIT de Ribadavia e a Área da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra)
Duración:
Público: adulto
Prezo: 4,00 € (As entradas poñeranse á venda a través de ataquilla.com e no propio auditorio unha hora antes de cada espectáculo o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala).