Asset Publisher

Back TEATRO EN MERA - SÁBADO 9 DE MAIO

 

 

Sábado 9 de maio ás 19.30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

A compañía Fantoches Baj, presenta o seu espectáculo Zampón, o lambón, baixo a dirección de Inacio Vilariño.

 

Sinopse: Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo.

Elenco: Fran Lareu, Inacio Vilariño, Luís Iglesias “Luchi” e Vanessa Maceiras

Xénero: comedia

Duración: 50 minutos

Prezo: 2,5 euros

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 4 anos.