Sábado 5 de outubro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Marelas Producións presenta o espectáculo Liberto
Autoría: Gemma Brió
Dirección: Tamara Canosa
Sinopse: Liberto é un espectáculo teatral con música en directo.
Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Desde unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida.
Liberto é un canto á vida desde a primeira persoa interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano.
Un texto e unha proposta formal asentada nas atmosferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo.
Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados, un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo prognóstico, cheo de vitalidade.
Elenco: Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao
Xénero: teatro social
Duración: 80 minutos
Público: maiores de 12 anos
Prezo: 3,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.