Sábado 28 de abril ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Grupo Chévere, presenta o espectáculo Goldi libre!
Autoría: Chévere Dirección: Xron Sinopse: Goldi libre é un traballo de teatro documental sobre o movemento de insubmisión en España, sobre as persoas que formaron parte do mesmo e sobre a súa fantástica estratexia de desobediencia e confrontación non violenta co aparato do Estado, feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, actor que foi xulgado, condenado e privado da súa liberdade no cárcere da Coruña por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutiva.
Elenco: César Goldi Xénero: Teatro contemporáneo. Duración: 80 minutos Público: Maiores de 12 anos.
Prezo: 2,00 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).