Asset Publisher

Back TEATRO EN MERA - SÁBADO 21 DE MARZO

 

Sábado 21 de marzo ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

A compañía teatral A Panadaría presenta o seu espectáculo “PAN! PAN!”, de Areta Bolado, baixo a dirección de Noelia Fernández, Areta Bolado e Ailén Kendelman.

 

Sinopse: PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Elenco: Noelia Fernández, Areta Bolado e Ailén Kendelman

Xénero: comedia

Duración: 60 minutos

Prezo: 2,5 euros

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.