Asset Publisher

Back TEATRO EN MERA - SÁBADO 18 DE ABRIL

 

Sábado 18 de abril ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

A compañía Il Maquinario Teatro, presenta o seu espectáculo “Perplexo”, de Marius Von Mayenburg, baixo a dirección de Tito Asorey.

 

Sinopse: Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que es TI quen conformas a túa propia realidade. Que sabes perfectamente como é a túa vida. Que o teu fogar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros. Cres que tes CERTEZAS. 

Elenco: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez

Xénero: comedia

Duración: 80 minutos

Prezo: 3,5 euros

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.

Este espectáculo acaba de ser galardoado con 5 premios Maria Casares: mellor espectáculo, mellor dirección, muller iluminación, mellor vestiario e mellor tradución-versión.