Asset Publisher

Back TEATRO EN MERA - SÁBADO 14 DE MARZO

 

Sábado 14  de marzo ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

Produccións Teatrais Excéntricas, presenta o seu espectáculo “Bobas & Galegas (Mofa e Befa no século d’ouro)”, de Quico Cadaval baixo a dirección de Quico Cadaval.

 

Sinopse: Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa & Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras infrinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen do cárcere onde os recluíra a crítica e regresaron a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. Quen é a vítima? O inocente teatro clásico español. Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cinicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. No cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que os obriga a falar en verso.

Elenco: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira

Xénero: comedia

Duración: 85 minutos

Prezo: 3,5 euros

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.