Sábado 11 de abril ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
O Grupo Chévere, presenta o seu espectáculo teatral “Ultranoite no país dos ananos”, baixo a dirección colectiva do Grupo Chévere. (Compañía distinguida co Premio Nacional de Teatro 2014).
Sinopse: O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira que facemos a través da Ultranoite ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Un lugar definido polo dispendio do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor. Para retratar esta terra humillada polo asfalto servímonos da compañía de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro. Diante deles nós somos simples aprendices. E seguramente esta Ultranoite é unha marcianada máis propia da Serie B. Pero somos honestos, só un cheiro satírico pode facer respirable un réxime tan corrompido.
Elenco: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, César Goldi, Arantza Villar, Xesús Ron, Xacobe Martínez, Max Gómez e Manuel Cebrián
Xénero: comedia
Duración: 90 minutos
Prezo: 5 euros
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.