Asset Publisher

Back Teatro en Mera o sábado 4 de marzo

O vindeiro sábado 4 de marzo no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a compañía Teatro do Atlántico, presenta o seu espectáculo Helena, xuízo a unha lurpia, escrito por Miguel del Arco e dirixido por Xulio Lago.

 Sinopse: Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, "a bela Helena", a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. O espectáculo: O autor, tomando como punto central da súa proposta un tempo mítico que podemos situar nun milenio a.C., e tratando o drama dunha personaxe da mitoloxía grega, consegue que aquela muller dialogue inequivocamente en tempo presente coa cidadanía deste século XXI que nos toca habitar, e que comparta cos nosos públicos unha reflexión e unha denuncia ao redor do drama da muller contemporánea e tamén de moitas das dramáticas circunstancias polas que transita a nosa civilización.

 

Elenco: María Barcala

Xénero: teatro clásico

Duración: 70 minutos

Prezo: 2,50 €

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.