Asset Publisher

Back Teatro en Mera o sábado 18 de novembro

 O sábado 18 de novembro ás 20.30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a compañía Talía Teatro, presenta o seu espectáculo Ubú Rei, escrito por Alfred Jarry e dirixido por Roberto Salgueiro.

Sinopse: Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levado ata o absurdo.

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto e David Creus.

Xénero: comedia.

Duración: 75 minutos

As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.