Asset Publisher

Back Teatro en Mera o sábado 11 de novembro

O sábado 11 de novembro ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera a compañía Elefante Elegante presenta o seu espectáculo Tropical, escrito e dirixido por María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Sinopse: TROPICAL é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, emigrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

Elenco: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Fredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela Blanco.

Xénero: teatro xestual.

Duración: 75 minutos

As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.