Dous espazos escénicos municipais: o Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera e o auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo, acollerán os tres primeiros espectáculos da Programación de outono e inverno do Concello de Oleiros no marco do circuito FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), unha organización que naceu no ano 2000 coa finalidade de ampliar e consolidar un espazo propio para o teatro afeccionado galego, e adicada ao fomento do teatro aficionado en Galicia.
Venres 27 de setembro ás 20:30 horas
Auditorio da Fábrica, Perillo
Circuito FEGATEA: Federación Galega de Teatro Amador
Lohengrín teatro presenta o espectáculo Coa mirada nas súas mans
Autoría: Pablo Iriarte
Dirección: Pablo Iriarte
Sinopse: Presentamos un pequeno espectáculo cun traballo técnico e de actores complexo. Coa mirada nas súas mans, conta a historia de rapazas cos seus temores e as súas dúbidas ao comezo da súa relación. Todo iso realizado para que tanto o público cego ou vidente poida aprecialo doutro xeito. Sentindo a historia a moi poucos metros das actrices, incluíndo en directo o sistema AUDES. Ademais, o público que o queira ver de forma tradicional tamén o desfrutará igualmente.
O espectáculo consta de dúas partes; unha primeira é a historia en si e unha segunda na que o público máis próximo terá a oportunidade de comentar coa propia compañía as súas dúbidas e experiencias.
Premios Buero Mellor espectáculo 2019, Mención especial do xurado
Elenco: Lara Álvarez Álvarez, Noa Iriarte Alonso, Alex Álvarez Díaz e Sofía Rodal Alén.
Xénero:
Duración: 50 minutos
Público: Non recomendada para menores de 14 anos.
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.
Sábado 28 de setembro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Circuito FEGATEA: Federación Galega de Teatro Amador
Teatro Escoitade presenta o espectáculo Un hotel de primeira sobre o río
Autoría: Xohana Torres
Dirección: Doro Piñeiro
Sinopse: O texto de Xohana Torres está adaptado en catro cadros por Doro Piñeiro para Teatro Escoitade. Nel son constantes as referencias ás múltiples relacións persoais que nos atopamos acotío ao longo da vida, como tamén o son as luces e sombras que debuxa a condición humana e que en moitas ocasións, tal condición, remata por saírse do que se considera a estabilidade emocional da persoa, do individuo. Tal así e a defensa "do noso, dos nosos e do máis próximo", a presión especulativa, a corrupción política, o desinterese social e a superstición que levamos no ADN, como xeito de saída a toda unha carencia cultural de sociedades xa caducas, e non tanto.
Un hotel de primeira sobre o río é un relato, é unha historia de amor á natureza, é unha loa á impotencia e, finalmente, é un xeito de vida con data de caducidade. (Doro Piñeiro.)
Elenco: María José Iglesias, Isidro Piñeiro, Doro Piñeiro, Eugenia García, Yaiza Fernández, Pastora Comesaña, Rosario Alonso, Raúl Alonso, e Raquel Álvarez.
Xénero: traxicomedia
Duración: 70 minutos
Público: maiores 12 anos.
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.
Domingo 29 de setembro ás 20:00 horas
Auditorio da Fábrica, Perillo
Circuito FEGATEA: Federación Galega de Teatro Amador
O Auturuxo de Melpómene presenta o espectáculo Algo pasa con Paco
Autoría: Alejandro Martín
Dirección: Cristina Mariño
Sinopse: Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio.
Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.
Elenco: Frankie Muiño, Alejandro Martín, Adelaida Abad, Chani Hernández, Carmen Caeiro e Beni Suárez.
Xénero: Comedia absurda
Duración: 75 minutos
Público: maiores de 12 anos
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.00 horas, ata completar a capacidade da sala.