O vindeiro 23 de abril terá lugar unha nova edición do Programa Andares por Galicia, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta polas terras da Fonmiñá e Castro de Viladonga.
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Todas as saídas contarán con 3 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.
Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do luns 11 de abril ás 10.00 horas no seguinte formulario:
RUTA POLAS TERRAS DA FONMIÑÁ E CASTRO DE VILADONGA
Punto inicio: Fonmiñá
Punto fin: Castro de Rei
Distancia aprox.: 20 km
Dificultade: media
PUNTOS DE INTERESE
- Lagoa da Fonmiñá
- Río Miño
- Reserva da Biosfera Terras do Miño
- Castro de Sá
- Área recreativa da Liboira
- Igrexa de San Salvador de Crecente
- Comarca da Terra Cha
- Castro de Rei
- Río Azúmara
- Lugar de Monelos: Pazo de Fontexón e muíño
- Igrexa de San Xoán de Azúmara
- Mina de arsénico
- Bosques de ribeira. Carballeira do Rei
VISITA CULTURAL:
- Visita ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga
Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.