O sábado 1 de abril o Departamento de Cultura realizará a ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago: Tramo Sarria-Portomarín
A ruta comprende saída de Sarria, ponte da Áspera, igrexa románica de Santiago de Barbadelo, Ribeira Sacra Lucense, encoro de Belesar, Portomarín e a igrexa de San Nicolao ou San Xoán.
Dificultade: media-alta
Destinatarios/as: Público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dunha persoa adulta.
Prezo: 18 euros empadroados/as e 23 euros non empadroados/as.
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 13 de marzo e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.
Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)
Tel.: 981 636 598 e 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916
cultura@oleiros.org r.caparros@oleiros.org