Novas

Asset Publisher

Back RUTA DE INTERPRETACIÓN AMBIENTAL E CULTURAL PONTECESO-CORME- PONTE RONCUDO E VISITA AO MUSEO ET

O sábado 22 de outubro o Departamento de Cultura realizará a ruta que comunica Ponteceso con Corme e a Punta de Roncudo, gozando de interesantes mostras do Patrimonio Natural e Cultural de Ponteceso e da Costa da Morte, como a enseada da Insua e a Pedra da Serpe.

 Despois da ruta visitaremos o  Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) onde poderemos coñecer a evolución histórica e cronolóxica, desde a prehistoria ata os nosos días, dos xogos e os deportes a través dos tempos e das civilizacións antigas, destacando ademais os xogos e deportes actuais, así como os Xogos Olímpicos antigos e modernos.

 

Destinatarios/as: Público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dunha persoa adulta.

 

Prezo: 16 euros empadroados/as e 20 euros non empadroados/as.

 

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 3 de outubro e ofértanse un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

  

Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.

Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)

Tel.: 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916

cultura@oleiros.org    r.caparros@oleiros.org