O sábado 21 de maio o Departamento de Cultura realizará un primeiro tramo do Camiño de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1993.
Con esta actividade trátase de descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural deste tramo do camino, e promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto.
Así mesmo tentaremos favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural e xerar conciencia de coidado e mellora do patrimonio natural e cultural.
A actividade está dirixida a público familiar, preferentemente maiores de idade, pero valorarase a posibilidade de participación de maiores de 14 anos, sempre e cando asistan acompañados/as dun adulto.
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 2 de maio e ofértanse un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.
Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)
Tel.: 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916
cultura@oleiros.org r.caparros@oleiros.org