Do 13 ao 15 de xullo terá lugar a segunda edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa.
Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa dirixido a público xeral, con espectáculos para público familiar e outros para adultos. Diferentes prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporanea, teatro de rúa,…que intentarán transformar espazos non convencionais ao aire libre en escenarios onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
A intención da área de cultura é que esta segunda edición axude a ir consolidando o Festival como unha das citas culturais máis interesantes e agardadas do verán oleirense, convertindo a rúa nun novo contexto de exhibición. O festival conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
A entradas a todos os espectáculos será de balde.
A continuación describimos a programación:
RÚA EXT-CÉNICA 2018: II FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚA
| ||
Lugar: Praza Esther Pita / Praza do Castelo (Sta. Cruz) | ||
Venres 13 xullo | 20.00 horas Javi Javichy: “Plato, platito, platete” (malabares/clown)
| 21.30 horas MUUM: “MUUM máis danza” (danza/música)
|
Lugar: Praza Esther Pita Pita / Praza do Castelo (Sta. Cruz) | ||
Sábado 14 xullo |
12.30 horas Compañía IO: “Contiguo” (acrobacia/corda lisa/roda cyr/danza)
|
21.00 horas MounQup + IGMIG (música) |
Lugar: Miradoiro Praia de Mera-Capela de Santa Ana (Mera) / Parque José Martí (Sta. Cristina) | ||
Domingo 15 xullo | 12.30 horas Compañía La Mano Jueves: “Ricky, el profesor de tenis” (circo/clown) | 21.00 horas Sempü: ”Agua”+ Exire: “Nexos” + Elahood: “impermeable” (danza contemporanea) |