Venres 23 de marzo ás 21.00 horas
Auditorio da Fábrica, Perillo
Proxección do documental Vértice de Versos
Produción, guión e dirección: Carlos Lorenzo
Música orixinal: Xoán Curiel
Ilustracións: María Lires
Sinopse: Galicia é terra de poesía. É terra de poetas. Unha extensa xeración de poetas novos/as galegos/as destacan no mundo literario pola calidade das súas creacións. Moitos dos seus libros xa traspasan as nosas fronteiras traducidos a outras linguas. Os novos tempos tamén están a traer novos xeitos de expresión poética. No documental críticos/as, especialistas, editores/as e o propio colectivo de escritores e escritoras explican por que está a pasar este fenómeno neste vértice xeográfico de Europa.
Elenco: Yolanda Castaño, Emma Pedreira, Baldo Ramos, Gonzalo Hermo, Rosalía Fernández Rial, Eduardo Estévez, Cesáreo Sánchez Iglesias, Miguel Anxo Fernán Vello, Luis González Tosar, Celia Parra, Teresa Seara, Armando Requeixo, Ismael Ramos, Oriana Méndez, Antía Otero, Dores Tembrás, Alicia Fernández, Modesto Fraga e María Lado.
Duración: 65 minutos - Público: Todos os públicos
(Entrada libre con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións
poderán recollerse a partir das 20.00 horas)