Asset Publisher

Back PROGRAMACIÓN CULTURAL-MÚSICA JAZZ

 

Sábado 28 de xaneiro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Antonio Agra 5 tet presenta Samhain

 

Samhain nace como un agasallo para os ouvidos e para as emocións en forma de nove pezas para vibráfono, son nove "xoíñas" escollidas do ideario estético de Antonio que teñen o sabor da boa música vestidas cos sedutores e íntimos sons do vibráfono, pezas fronteirizas entre un impresionismo sempre latente e ese regusto do jazz, que é frescura e intensidade constante.

Nesta nova proposta de Samhain para quinteto de jazz, os sedutores sons do vibráfono de Antonio Agra rodéanse dunha fantástica banda de músicos excepcionais e de influencias moi diversas, conformando un repertorio de músicas que abranguen o jazz moderno o blues ou a fusión.

A xenialidade de Xosé Miguélez ao saxo tenor xunto a riqueza harmónica e melódica de Antonio Bravo, mestúrase de forma maxistral coa sensibilidade do estilo sobrio e sólido, enriquecido por un manexo maxistral do arco do contrabaixista Simón García, mentres tras os tambores emerxe a sabedoría do batería Carlos Castro, dono dese talento especial que achega o sinal de individualidade e de identificación que distingue aos verdadeiros percusionistas.

 

Entrada de balde con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.