TEATRO. Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC
Sábado 2 de abril ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Teatro do Noroeste: Último verán en Santa Cristina
Autoría: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Elenco: Xavier Estévez, Maxo Barjas, Miguel Pernas, Manuela Varela e Luma Gómez
Xénero: teatro/drama
Duración: 100 min
Público: adulto
Sinopse:
“Último verán en Santa Cristina”, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva daqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.
Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).