TEATRO. Premio do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
Sábado 12 de marzo ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
A incendiaria / A quinta do cuadrante: A lúa vai encuberta
Dramaturxia: Vanesa Sotelo
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Davide González, Melania Cruz, Tito Asorey e Vanesa Sotelo
Xénero: teatro / contemporáneo
Duración: 75 min
Público: adulto
Sinopse:
Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia da identidade nacional galega.
A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
Incendiaria e A Quinta do Cuadrante lévanos a escena o texto de Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.
Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).