Asset Publisher

Back PROGRAMACIÓN CULTURAL: SÁBADO 26 DE SETEMBRO

 Sábado 26 de setembro ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Compañías Exire/Entremans: “Médula”

 

Autoría, coreografía e dirección: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez

 

Sinopse: Médula proponse viaxar á orixe do feminino, alegando todo aquilo que nos fai ser o que somos, tecendo o belo e o imperfecto da nosa calidade humana.

A peza fala de todas aquelas pegadas que vai deixando en cada muller aqueloutra que lle precedeu. Vertebradas desde o primeiro son, o rumoreo, as cancións, os relatos das nosas avoas e nais, segredos gardados na pel e nos ósos. Guerreiras e salvaxes, coidando do máis prezado para continuaren vivas e postergármonos nas seguintes.

 

“Médula” achega a danza ás vidas de todas/os. Volve ás lembranzas das nosas devanceiras conectando unha proposta física que parte da poética de cada artista e propón a riqueza da mestura de calidades de movemento diferentes, co imaxinario de todas, achegando así a danza ao público a través de sensacións comúns.

 

Elenco: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez

Xénero: danza

Duración: 50 minutos

Público: adulto

  

Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

 

En atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos terán aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.   

 

Ao finalizar a actuación haberá unha breve charla/coloquio para falar sobre o espectáculo e a situación actual da danza contemporanea.