Asset Publisher

Back PROGRAMACIÓN CULTURAL-MÚSICA: SÁBADO 23 DE ABRIL-CONCERTO EDE

 

MÚSICA . Festival Elas son Artistas. 5º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

Sábado 23 de abril ás 20.30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

EDE

 

Procedencia: Madrid

Destinatarios/as: todos os públicos

 

Ede, artista multidisciplinar. Ede é unha artista madrileña de 23 anos que, a pesar de dar os seus primeiros pasos como compositora e intérprete de cancións, leva toda a súa vida formándose en diversos campos das artes escénicas.

Tras o lanzamento do seu primeiro EP acústico «Tranquila», gravado en directo en Estudio Uno coa produción de Juanma Latorre, Ede presenta o seu primeiro disco, que se publica integramente en 2022.

Transcendendo o formato máis acústico, íntimo e sinxelo do seu primeiro traballo, con este novo disco Ede perfila a súa identidade sonora e artística. Esta identidade, máis madura e rica en influencias que van desde o indie ao folclore, pasando polo r&b e o neosoul, complementa e potencia o imaxinario que a artista xera coas súas letras e voz, que son a súa marca.

Non é pouca a expectación que hai arredor deste primeiro álbum de estudo da artista, pois xa co seu primeiro EP conseguiu comezar a abrirse paso na escena musical nacional, colaborando con artistas como Ismael Serrano, Club Del Río ou Xoel López, con quen traballou man a man na xira do seu último disco como parte da súa banda.

 

Prezo: 3,50 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala). Máximo 4 entradas por persoa.