Asset Publisher

Back PROGRAMACIÓN CULTURAL: DOMINGO 27 DE SETEMBRO

 Domingo 27 de setembro ás 20:30 horas

Auditorio da Fábrica, Perillo

“Temple flamenco”

Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

 

Sinopse:

Un espectáculo purista, guitarra, cante, percusión e baile: tres artistas e unha paixón!

Desde Galicia unha ventá ao sur! Arte e festa sobre o escenario.

 

Elenco:

-       Joselete “El Boquerón”. Voz e guitarra flamenca. Este malagueño de nai galega é cantaor e guitarrista flamenco por dereito e artista experimentado en diferentes tablaos de toda Europa.

-       Karlos Barral. Percusionista cunha dilatada traxectoria musical en moi diversos proxectos é agora percusionista da Orquestra Sonoridad entre outras propostas.

-       Carolina Blanco Bailaora. Esta venezolana de orixe sefardí é titulada en pedagoxía da danza e ten unha ampla experiencia como intérprete, coreógrafa e xestora cultural.

 

Xénero: danza flamenca

Público: todos os públicos

 

Prezo: 2,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

 

En atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos terán aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.