Novas
Asset Publisher
O Premio Literario Descubrindo Oleiros chegou á súa duodécima edición e a participación cada vez é maior. Este ano participaron 238 textos.
Este premio pretende fomentar o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio, así como promover a creatividade do alumnado oleirense e das persoas empadroadas en Olerios.
O concurso establece 6 categorías. Na primeira categoría, onde participa escolares de 3º e 4º de primaria, presentáronse 98 relatos e resultou gañador Luca Calvo Vázquez, polo seu texto O vello e os nenos. Na segunda categoría, para rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, na que participaron 80 relatos, resultou gañadora Icía Santiago García, polo relato O trasno do bosque.
Na terceira categoría, para alumnado de 1º e 2º de ESO, presentaron 41 relatos e gañou Inés Castiñeira Ballón, co conto O ronsel de Alba. Na cuarta categoría, para mocidade de 3º e 4º de ESO, presentáronse 11 relatos e gañaron María Victoria Tomé Carrasco, polo relato Don Vigelo da Costa e concedeuse un accésit a María González Blanco, polo texto Entre fume e peóns. A quinta categoría, para xente nova de 16 a 18 anos, quedou deserta. E na sexta categoría, para persoas maiores de 18 anos, rexistráronse 8 relatos, do que resultou vencedora María Verónica Campos García, polo relato De Perillo a Santaia non hai nada.
Proximamente comunicarase a data de entrega dos premios ao que convidamos ás familias e á comunidade escolar, a quen agradecemos a promoción e o apoio desta iniciativa.