Asset Publisher

Back Organizada con éxito a visita da exposición "O primeiro Picasso"

 

      O pasado martes 19 de maio ás 18.30 horas, corenta e catro persoas tiveron oportunidade de visitar no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición “O primeiro Picasso”. A visita enmárcase dentro do programa "Oleiros vai de museo", organizado polo Departamento de cultura. A entrada foi de balde e incluiu o desprazamento e a visita guiada.

    A exposición, que levaba por título O primeiro Picasso A Coruña 2015, supuso unha oportunidade única de achegar a xente á etapa coruñesa de Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi esencial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Na mostra observaron os seus primeiros debuxos e cadros, a evolución da súa técnica e a influenza dos mestres que tivo na cidade, así como coñecer algún dos temas que retomaría ao longo da súa dilatada producción artística. Ademais, diferentes documentos, fotografías e obxectos permiten contemplar cómo era A Coruña da época.