Asset Publisher

Back OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA

 

O Departamento de Cultura do Concello de Oleiros organiza un “Obradoiro de Iniciación á Micoloxía” para o vindeiro mes de novembro.
O obradoiro desenvolverase no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo dos Regos e consistirá nunha charla de iniciación o venres 6 de novembro de 20:00 a 21:30 h, e unha saída guiada ao campo con identificación “in situ” o sábado 7 de novembro de 10:00 a 14:00 h.
 
O prezo da actividade será de 15 euros para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e 25 euros para non empadroadas, e inclúe a charla e a visita guiada en autobús.
Para máis información e inscricións contactar co Departamento de Cultura nos teléfonos 981 610 000 (ext. 4916) ou 981 636 598 ou mediante enderezo electrónico enviando un correo electrónico a r.caparros@oleiros.org.