Asset Publisher

Back Obradoiro de Cabezudos de Entroido

O entroido é unha das festas máis esperadas do ano e con máis tradición dentro das manifestacións culturais galegas.

Todos os anos, o Concello de Oleiros axuda a dinamizar as festas de Entroido que se levan a cabo nas distintas casas do pobo e centros cívicos organizadas polas entidades socioculturais de cada parroquia, e este ano, ademáis, o Departamento de Cultura decidiu levar adiante un Obradoiro de Entroido de cabezudos a partir de globos e cartón ondulado e acabados en cartón pedra.

Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 3º de Educación Primaria e público familiar.

O Obradoiro desenvolverase en tres sesións de dúas horas e media de duración tres sábados seguidos en horario de mañán. Serán os sábados 4, 11 e 18 de febreiro de 2017 de 11.00 a 13.30 horas na Casa da Cultura de Perillo.

Estas sesións terán unha continuidade e será un requisito imprescindible para a participación no Obradoiro o compromiso de asistencia a todas elas.

Ofertanse 15 prazas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición a partir do martes 24 de xaneiro, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Para solicitar información e formalizar as inscricións contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica, persoalmente ou a través do teléfono 981 610 000 (ext. 4915 e 4916).