Este domingo 23 de febreiro, a partir das 12.00 h entregaranse os premios do VI Premio Literario Descubrindo Oleiros no Teatro das Torres, en Santa Cruz. Este acto que pretende homenaxear tamén a Rosalía de Castro, que ao día seguinte se cumpren 183 anos do seu nacemento, comezará cunha contada de Caxoto, Carteiro en bicicleta, centrada na autora de Cantares Gallegos e outros escritores e escritoras homenaxeadas nas Letras Galegas, para dar paso á entrega de premios e lectura dos textos gañadores.
Este premio está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística, e desde os seus inicios tivo dous obxectivos principais: fomentar a lingua e dar a coñecer o municipio. Dous obxectivos cumpridos como se reflicten nos textos participantes.