Novas

Asset Publisher

Back O Servizo de Normalización Lingüística programa un obradoiro de Danza Creativa en Familia

 

O luns 26 de febreiro ábrese o prazo para inscribirse a un obradoiro de danza creativa en familia. O obradoiro constará de tres sesións que serán o 3, o 10 e o 17 de marzo, ás 17.30 h no salón de actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.
Con esta actividade quérese mostrar que o corpo e a palabra se acompañan do movemento, a música e a creatividade para reforzar o apego e promover a comprensión e integración da lingua.
Danza Creativa en Familia é unha actividade, dentro do programa Apego, para familias con nenos de 0 a 5 anos, divertida, activa e cooperativa, que nos permitirá conectarnos a través do movemento e a palabra utilizando as caricias, a respiración, o ritmo, a música, o baile, o xogo… fortalecendo o vínculo emocional, coñecéndonos e comunicándonos de maneira positiva.
Para participar neste obradoiro é preciso inscribirsedesde o 26 de febreiro ás 00.00 h a través de correo electrónico a lingua@oleiros.org ou chamando ao 981 610 000 ext. 4905 desde as 8.00 h da mañá.