Novas

Asset Publisher

Back O Concello programa a obra de teatro Anagnórise o 4 de maio para render homenaxe María Victoria

Oleiros, 30 de abril de 2018-. A Rede de Bibliotecas Municipais e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello programaron para o vindeiro venres 4 de maio, ás 20:30 h, no auditorio da Fábrica a obra de teatro Anagnórise. Unha produción de Limiar Teatro e a Editorial Galaxia recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é de balde con invitación que poderá recollerse na conserxería da Fábrica desde as 20.00 horas.

Anagnórise é unha novela de Mª Victoria Moreno, persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. É unha historia de amor atemporal que foi seleccionada para a Lista de Honra da IBBY en 1990.

A obra representada por Fran Núñez e Brais Iriarte conta a historia de Nicolau, un mozo dunha vila das Rías Baixas que decide fuxir a Madrid facendo autostop. A muller que o recolle terá máis que ver con el do que nunca podería imaxinar...

As persoas que asistan recibirán unha novela de agasallo, para dar a coñecer a obra da autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas. Ademais desta obra de teatro, o Concello programou obradoiros, contacontos, concertos e outras actividades para render homenaxe ás nosas Letras durante todo o mes de maio.