O Servizo de Normalización Lingüística do Concello, dentro do proxecto Apego, organizou un curso para ensinar a contar contos con Ramiro Neira. A actividade está dirixida aos pais, nais, mestres, mestras, avós, avoas… a todas aquelas persoas que queiran contar contos aos nenos e nenas.
O obradoiro dividirase en súas sesións, a primeira será o sábado 7 de abril de 17.30 a 19.30 horas e a segunda o domingo 15 de abril, ás 11.30 h para as persoas inscritas e ás 12.30 h tamén para as crianzas e acompañantes.
A actividade é gratuíta, mais hai que inscribirse previamente enviando un correo a lingua@oleiros.org ou chamando ao 981 610 000, ext. 4905.