Asset Publisher

Back MOSTRA FINAL DOS OBRADOIROS TEATRAIS MUNICIPAIS

 

Os vindeiros días 28 e 29 de xuño o alumnado dos obradoiros teatrais municipais organizados polo departamento de cultura e dirixidos por Ramiro Neira e Jorge García “Keke” amosará parte do traballo realizado nas clases durante os últimos cinco meses.

O sábado 28 de xuño ás 12.00 horas o Teatro municipal As Torres, de Santa Cruz, acolle a mostra final do obradoiro infantil de teatro, obradoiro dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. 

Ao día seguinte, o domingo 29 de xuño ás 19.00 horas e no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, o público poderá disfrutar cun Encontro do grupo do obradoiro teatral de adultos do Concello de Oleiros e o grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Sada, dirixido por Ramiro Neira. Presentaranse as obras “Vermello Dabaixo” e “La Vieja” respectivamente.

Nos dous días a entrada será libre, ata completar a capacidade da sala.